viernes, 7 de febrero de 2014

IMPRESORAS 3D

As Impresoras 3D 

Funcionamento

Outra tecnoloxía de impresión 3Dfunciona inxectando resinas en estado líquido e curándoas con luz ultravioleta. Trátase de fotopolímeros de base acrílica con diferentes propiedades físico-mecánicas: variedade de flexibilidades, elongación a rotura, resistencia, cores. Caracterízase pola súa precisión e rematado de superficie, o que fai que a súa aplicación  resulte moi axeitada. As pezas están totalmente curadas ao rematar a impresión e non hai tempo de espera, aínda que hai que retirar soportes de impresión cun chorro de auga a presión. Esta tecnoloxía foi a primeira en lograr inxectar dous materiais diferentes nunha mesma impresión, permitindo a creación de materiais dixitais con propiedade.


Malia a gran diversidade de tipos de impresión 3D existentes, todas as impresoras comparten unha característica común: o obxecto imprímese capa a capa, empezando pola inferior e rematando na superior, seguindo o modelo do arquivo. CAD previamente creado na computadora.

As máis famosas impresoras tridimensionais o que fan é tomar un arquivo. CAD en.STL, que é unha versión en monocromo, ou un.VRML, que é unha versión a cor.

Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores.  Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois se somerxe nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.



Non funciona dun xeito moi veloz. Por ese motivo a inclusión nos fogares está un pouco lonxe, aínda que está claro que pouco a pouco as diferentes compañías comezarán a preocuparse máis para poder ser os primeiros en distribuír esta nova tecnoloxía á que cada vez se lle está a poñer máis atención. 


Vídeo