lunes, 23 de septiembre de 2013

A miña música preferida

 A MIÑA MUSICA PREFERIDA

Dende fai xa moitos anos, a música que eu prefiro e de xénero house , electro house e tamén o xénero progressive house . Xa que é un tipo de música futurista  coa influencia de Kraftwerk . Destancando asi como o meu grupo preferido a Swedish House Mafia.

E un grupo formado por Axwell, Steve Angello e Sebastian Ingrosso, tres disc jockeys e produtores discográficos que residen en Estocolmo.

O grupo xurdiu cando Axwell, produtor e DJ, coñeceu na capital sueca a Sebastian Ingrosso, quen máis tarde lle presentou ao terceiro membro, Steve Angello. Os tres contaban cunha reputada carreira como disc jockeys, e comezaron a colaborar xuntos en cancións como Get Dumb (2007) e Leave the World Behind (2009).
Unha vez que a idea madurou, a nova banda denominouse "Swedish House Mafia" (traducible como Mafia Sueca do House). Axwell explicou nunha entrevista para o diario Daily Record que o nome do grupo xurdiu polos comentarios da xente: Algunhas persoas en Estocolmo dicían ' Quen se cren que son? a mafia sueca do house? ' E a xente empezou a usar ese nome para referirse a nosotros.» Ao principio o grupo contaba tamén con Eric Prydz, pero este deixou de ser membro activo cando se trasladou a Londres. Malia iso, Prydz colaborou en varios temas e remezclas.Entre os seus grandes éxitos destacan, One,Save the World,Antidote e por último Don't You Worry Child.
 En 2012, o grupo anunciou a través do seu propio sitio web a súa última xira e separación. A súa última actuación como grupo foi no festival UltraMusicFestival (UMF) en Miami.